Numeracion Curtis logos

Curtis xestiona a súa adhesión ao pacto europeo de alcaldes polo clima e as enerxías sustentables

campo 2016O Concello de Curtis xestiona a súa adhesión ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía que, lanzado pola Comisión Europea, supón un compromiso dos asinantes para fortalecer os seus territorios con medidas contra o cambio climático e para permitir aos seus cidadáns o acceso a fontes de enerxía seguras e sustentables. Trátase do principal movemento europeo deste ámbito no que participan autoridades locais e rexionais e foi asinado por máis 6.500 municipios.

A través deste pacto, os concellos tamén pretenden converter as accións para mitigar o cambio climático nunha oportunidade para o desenvolvemento local e a conformación dun novo modelo de sociedade, máis envorcado no coidado do medio ambiente.

Co fin de profundar neste desafío, o portavoz e edil responsable de Medio Ambiente, Antonio Fraga, acudiu recentemente ás Xornadas para o Pacto dos Alcaldes para o Clima, a única reunión celebrada en Galicia e que foi auspiciada pola Fegamp e Europe Direct A Coruña. É a reunión expúxose como xerar mellores oportunidades financeiras para os proxectos municipais en materia de clima, enerxía e medio ambiente.

Para o Concello de Curtis este é un novo paso na súa aposta por implementar políticas públicas baseadas no desenvolvemento sustentable, iniciada co Plan de Acción da Axenda XXI de Nacións Unidas, que supuxo avances claves na xestión de residuos, saneamento e ordenamento urbanístico. Actualmente, atópase, ademais, traballando na planificación dos proxectos que de maneira integral e transversal quere desenvolver en materia de medio ambiente e sustentabilidade nos próximos anos.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.