Numeracion Curtis logos

As retiradas de niños de Vespa Velutina triplicaron en 2016 as saídas do GES de Curtis na comarca

  • O último trimestre do ano concentrou a metade das saídas de todo 2016, aínda que o maior número de accidentes de tráfico ocorreron de xaneiro a marzo.

ges 2016O GES de Curtis triplicou o número de emerxencias atendidas en 2016 respecto ao ano anterior, ao pasar de 248 saídas en 2015 a 729, é dicir, unha media de dúas diarias.

As retiradas dos niños de Vespa Velutina foron as causantes deste importante incremento na carga de traballo xa que supuxeron o 71,46% (521) do total de actuacións deste Grupo de Emerxencias Supramunicipal. Os meses de novembro e decembro foron os máis conflitivos en canto a alarmas pola presenza desta agresiva avispa, con 236 retiradas.

A atención en accidentes foi a segunda causa que provocou máis saídas do GES de Curtis, que recibiu un total de 164 alertas, 102 de tráfico, catro con necesidade de excarceración. Ademais, o Grupo axudou a apagar 21 incendios (cinco menos que en 2015), deles 9 urbanos e 5 forestais; participou nunha ducia de traslados sanitarios en helicóptero e acudiu a 33 chamadas por animais soltos nas vías.

Os meses de máis traballo por número de alertas foron os do último trimestre do ano (outubro, novembro e decembro), onde se concretaron a metade das saídas de todo 2016, aínda que o maior número de accidentes de tráfico ocorreron no primeiro trimestre (xaneiro, febreiro e marzo).

O ámbito de actuación do GES de Curtis, no que traballa un persoal estable e profesionalizado de doce efectivos, tamén abarca os municipios de Sobrado, Vilasantar, Mesía, Oza-Cesuras e Aranga, é dicir, cobre unha extensión de 800 quilómetros e dá servizo a unha poboación de 18.000 veciños.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.