Numeracion Curtis logos

O BOP publica hoxe a dedicación exclusiva do Concello creada polo aumento da carga de traballo nesta lexislatura

bopO Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a modificación para a relación de cargos municipais con dedicación exclusiva no Concello de Curtis. Nos orzamentos do 2017, tal e como informara xa o Goberno local, creouse unha segunda dedicación exclusiva, que se suma á do alcalde, que conxela o seu salario por cuarto ano consecutivo.

A nova dedicación exclusiva créase debido á carga de traballo que suporán, entre outros temas, a presentación de ambiciosos proxectos a fondos europeos, a posta en marcha de novos servizos en solo empresarial e a potenciación do Polígono Industrial de Teixeiro, a elaboración e coordinación dos novos plans de mobilidade así como da estratexia ambiental e as relacionadas coa estratexia de promoción e prevención de saúde, as modificacións da PXOM, a elaboración do inventario municipal, a xestión do convenio de vivendas baleiras e a coordinación de todo a área de participación cidadá, á que se lle dará un novo impulso.

A dedicación será para o actual primeiro alcalde, Antonio Fraga, que estaba a levar nas últimas lexislaturas os temas relacionados co Medio Ambiente e Promocón Economía e Industrial.
O salario desta dedicación non suporá ningunha carga para as contas municipais cando termine a lexislatura.

  • Enlace ao BOP 12 xaneiro 2017
  • Anuncio do Concello de Curtis pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.