Numeracion Curtis logos

Caínzos asiste á reunión da Comisión de Desenvolvemento Económico da FEMP, que abordou os plans de emprego

  • O alcalde de Curtis é vocal desta comisión, que busca impulsar aos concellos como axentes dinamizadores da economía local.

reunion fempOs problemas dos plans de emprego das comunidades autónomas e o estudo das medidas urxentes para o Impulso do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil foron dous dos principais temas abordados na reunión da Comisión de Desenvolvemento Económico e Emprego da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), na que o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, forma parte como vogal.

Nesta comisión, que ten como obxectivo apoiar o labor dos servizos locais de Emprego e a súa coordinación cos servizos autonómicos e estatais así como a posta en valor dos municipios como axentes dinamizadores da economía dada a súa estreita vinculación co tecido empresarial local, analizáronse asuntos importantes para a xestión municipal diaria vinculada co desenvolvemento e o emprego.

Tamén se estudou o Plan de Traballo 2016-2019, que inclúe, entre outros asuntos, a creación dunha rede informativa de emprego e desenvolvemento local, o plan de formación continuada e a colaboración con outras institucións e axentes de emprego. Ademais, se achegou información sobre a LXIII Conferencia de Emprego e Asuntos Laborais, celebrada o pasado mes de decembro, e sobre o Plan de Avaliación específico do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.