Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis modifica o proxecto de mellora da Praza de Compostela e do parque infantil de Teixeiro

  • O pleno tamén aumentará o número de concelleiros nos órganos colexiados, obrigado polo abandono dos edís do BNG xa que pasan a considerarse non adscritos.

plenoAs obras de mellora e de axardinamento da Praza de Compostela en Curtis e do parque infantil Mestres Amparo Belea Manuel Chaín en Teixeiro estarán finalizadas este verán. O proxecto, financiado a través do Plan Provincial de Medio Ambiente (PMA 2016), se levará ao Pleno Ordinario deste venres, día 3 de febreiro, para aprobar algunhas modificacións respecto ao plan inicial co fin de incluír novas melloras.

Desta maneira, no parque infantil adxacente á Casa Consistorial instalarase unha nova arquitectura para que exista unha zona cuberta de sombra e cambiaranse as luminarias do primeiro proxecto por catro proxectores. En canto ao xardín da estación de ferrocarril de Curtis, a actuación mellorará a súa integración ambiental e a súa iluminación. Ademais, instalarase a rega automática, plantaranse novas árbores e sumarase ao plan inicial a recuperación da zona do lavadoiro, coa colocación de mesas e cadeiras.

O investimento previsto nas obras ascende a 57.401 euros.

Comisión de Contas

A orde do día do Pleno Ordinario tamén abordará aumentar o número de concelleiros na Comisión Especial de Contas onde ten presenza a oposición e, por tanto, as cantidades incluídas no orzamento para tal fin.

O cambio dos órganos colexiados é obrigado tras abandonar os catro edís do BNG esta formación política e pasar a considerarse non adscritos, é dicir, ao non configurar grupo propio deberán participar todos na Comisión de Contas. Tamén entrarán a formar parte dela o resto dos edís do PP que non estaban xa que a Lei de Bases Local e o ROM (Regulamento Orgánico Municipal) esixe que se manteña a proporcionalidade dos resultados electorais na súa composición.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.