Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis estenderá até finais de xuño as actividades de promoción da saúde

fotossaude 2017O Concello de Curtis continuará co desenvolvemento de actividades vinculadas coa promoción da saúde e potenciando os hábitos e estilos de vida saudable até finais do mes de xuño. Neste programa se inclúyen iniciativas tanto para o colectivo de adultos e da terceira idade co fin de animarlles a ocupar o seu tempo de lecer con actividades físicas moderadas como para os mozos.

Así, os talleres de psicoestimulación, nos que se traballa a ximnasia mental e física, a memoria e a relaxación, desenvolveranse os luns no Edificio de Usos Múltiples de Curtis, de 18.30 a 20.00 horas; os martes, en Teixeiro, de 18.30 a 20.00 horas, e o xoves no centro social de Santaia, de 16.30 a 18.30 horas.

Tamén se manterán as clases con monitor nos parques biosaludables para a terceira idade para que aprendan a optimar o seu rendemento, así como as andainas urbanas, das que se avisará puntualmente dos días e os horarios.

Estas actividades enmárcanse na Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do SNS que desenvolve na actualidade o Concello desde a área de Deportes e con apoio das entidades educativas e sanitaras do municipio, e que dan continuidade ás iniciadas no 2008 co programa Concellos Saudables.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.