Numeracion Curtis logos

O Concello e o CEIDA estudan impulsar o Centro Etnográfico de Teixeiro como recurso da Reserva da Biosfera

FotoCentroEtnograficoCarlos Vales, director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), visitou hoxe o Centro Etnográfico do Río Mandeo, en Teixeiro, onde analizou, co alcalde Javier Caínzos e o concelleiro de Medio Ambiente, Antonio Fraga, a posta en marcha de iniciativas e proxectos que poñan en valor estas instalacións como recurso para potenciar o patrimonio cultural e etnográfico da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O director do CEIDA, que forma parte ademais do Comité Executivo da Reserva da Biosfera, destacou tanto os contidos do museo e o carácter formativo, divulgativo e interpretativo do Centro Etnográfico como a proposta arquitectónica do edificio.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.