Numeracion Curtis logos

Curtis participa no consello da Rede de Cidades Saudables para abordar a implementación da estratexia sobre saúde

fotossaudables 2017O Concello de Curtis participou hoxe na reunión da Rede Española de Cidades Saudables (RECS), da que forma parte, na que se abordou a implementación local da estratexia de promoción da saúde.

Á reunión, convocada pola Federación Española de Municipios e Provincias, acudiu o alcalde Javier Caínzos, que é vocal e único representante municipal de Galicia no consello de Goberno da RECS. Na mesma tamén se trataron, entre outros temas, o congreso e a conferencia anual que se desenvolverá este ano e a convocatoria da segunda edición dos Premios de Calidade.

As políticas de promoción e prevención da saúde forman parte dos programas transversais postos en marcha polo Concello de Curtis desde o 2008 para impulsar actividades vinculadas a mellorar a actividade física e os hábitos de vida saudable entre todos os colectivos do municipio.

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.