Numeracion Curtis logos

O IES de Curtis dille NON á violencia de xénero

expoIgualdade 2017A mostra 'Á violencia de xénero...Dille NON!', promovida pola secretaria xeral de Igualdade, chegou hoxe ao IES de Curtis co obxectivo de impulsar a sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a mocidade. Con esta exposición trátatase de concienciar aos adolescentes, xa que constitúen un colectivo especialmente vulnerable e que está exposto, ademais, a novas formas de malos tratos a través das redes sociais.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, achegouse até Curtis para inaugurar a mostra. Acompañáronao os alcaldes de Curtis, Javier Caínzos; Vilasantar, Fernando Pérez; e Sobrado, Luis Lisardo Santos, así como personal do Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Curtis.

López Abella destacou a importancia destas iniciativas dirixidas aos adolescentes, xa que constitúen un colectivo especialmente vulnerable e que exposto, ademais, a novas formas de malos tratos a través das redes sociais. O alcalde Javier Caínzos insistiu na necesidade de seguir apostando pola educación nos valores da igualdade nos ámbitos xuvenís como unha das accións claves para acabar coa violencia machista.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.