Numeracion Curtis logos

O Concello finaliza a renovación da iluminación pública das Avenidas de Lugo e de Santiago en Teixeiro

  • O cambio da totalidade das 44 luminarias suporá un aforro do 40% do consumo eléctrico.

luminaria teixeiroO Concello de Curtis acaba de finalizar a última fase de renovación da iluminación pública da Avenida de Lugo (Teixeiro) co cambio de 20 luminarias por tecnoloxía LED. Nesta execución realizouse un investimento de 14.000 euros e afectou a un tramo de 400 metros do viario.

Con esta actuación complétase a renovación da rede eléctrica das Avenidas de Lugo e de Santiago. Ambas as vías abarcan un tramo de 1,200 quilómetros que discorre pola N-634 ao seu paso polo pobo de Teixeiro.

Grazas ás execucións efectuadas desde 2015 nestas avenidas puidéronse cambiar a totalidade das 44 luminarias de sodio existentes pola novas LED, o que suporá un aforro do 40% do consumo eléctrico. Ademais do aforro de custos, tamén se mellorou a luminosidade dos viarios cunha potencia regulable de entre 40 e 110 vatios.

O Goberno local traballa de maneira constante desde 2004 en estratexias de eficiencia enerxética co cambio progresivo da iluminación pública co fin de renovala na súa totalidade, reforzar as zonas máis deficitarias e rebaixar os custos da factura eléctrica.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.