Numeracion Curtis logos

Aprobada por unanimidade a proposta do Goberno local de invertir 300.000 euros en melloras viarias

  • También irá a cargo do POS + unha proposta de 183.873 euros en gastos de persoal
  • Luz verde a catro novas exencións do 95% do IBI para explotacións agrarias

pleno febreiroA Corporación Municipal de Curtis aprobou por unanimidade a proposta de obras presentada polo Goberno local para desenvolver en 2017 con cargo ao ao Plan Único de Concellos POS+, que suporá un financiamento de 300.000 euros destinado a melloras viarias no rural e áreas urbanas do municipio. A esta cantidade sumaráselle, ademais, unha achega de 183.873 euros para gastos correntes, o que elevará a 488.000 euros a cantidade final que se acollerá ao plan provincial.

O alcalde Javier Caínzos explicou que os proxectos reforzarán o firme das calzadas e a seguridade viaria nos accesos aos núcleos de Fisteus desde a N-634 e a Gulpilleira desde a AC-231, así como nos camiños a Quintadoniga e O Pereiral desde Penedo. As actuacións permitirán por outra banda, acondicionar as rúas M.A Terrón e Alcalde Espiñeira, en Curtis, ante o aumento do tráfico rodado.

O rexedor destacou que o Concello non solicitará apoio para o pago a provedores, que tamén facilita o POS, ao estar as contas municipais totalmente saneadas.

Durante o Pleno Extraordinario se anunciaron, ademais, as actuacións sustentables previstas no Plan Complementario, que inclúe reforzar o firme da calzada da estrada que vai da N-634 á Illana e do camiño de acceso ás Pereiras desde a mesma nacional, así como a rehabilitación da calzada da rúa Río Mandeo. O orzamento previsto neste caso é de 161.740 euros.

Explotacións agrarias

O Pleno aprobou a bonificación do 95% do IBI a catro novas explotacións agrarias, que se suman ás máis de 90 que se puideron acoller ata agora a estas exencións fiscais municipais tanto do 95% como do 50% no caso dos inmobles fixos.

Edil 'non adscrita'

Antes deste Pleno Extraordinario celebrouse outra sesión convocada de urxencia para dar conta da renuncia da acta da edil non adscrita Pilar Ponte Boo. O concelleiro Xosé Manuel Tomé explicou que esta marcha se debía a cuestións persoais e laborais.

A edil deberá ser agora substituída por Víctor Manuel Fernández, o seguinte na lista do BNG que se presentou ás eleccións municipais, quen deberá confirmar a súa aceptación. Fernández presentouse polas listas do BNG, aínda que o Grupo Municipal nacionalista se desfixo tras abandonar esta agrupación política todos os edís elixidos e pasar a conformarse, segundo marca a lei, como concelleiros non adscritos.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.