Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis abordará os novos usos de chan nas modificacións do PXOM e a través dunha campaña informativa

  • O Goberno local convoca dúas reunións informativas veciñais, en Curtis e Teixeiro, para tratar tamén o plan de investimentos de 2017 e a parcelaria.

reunions 2017O Concello de Curtis porá en marcha unha campaña informativa a través de charlas e dípticos nos que fará especial incidencia nos usos do chan, forestais, agrarios e gandeiros, e a súa adaptación á nova realidade do municipio.

Ademais, para abordar esta problemática, o Concello está a traballar xa nas modificacións do Plan Xeral de Ordenación Urbana co fin de que, coa colaboración dos veciños e contemplando sempre as súas achegas, actualizar o PXOM aos cambios de usos do chan. O alcalde Javier Caínzos considera prioritario atender as necesidades dos propietarios, facilitar a posta en valor e o máximo aproveitamento das súas actividades e axudar a impulsar novos proxectos e iniciativas que axuden ao desenvolvemento do rural. Destas modificacións sairá tamén un plan de ordenación das actividades forestais e agrarias.

O Goberno abordará estes temas cos veciños e veciñas nas reunións informativas que manterá mañá, luns, día 6, en Teixeiro (salón de plenos da Casa do Concello) e o martes, día 7, en Curtis (Recinto Feiral), a partir das 21.15 horas. Ademais, nestas reunións, que son convocadas de forma habitual polo equipo de Goberno para dar explicacións e escoitar as opinións e suxestións dos cidadáns, tamén se falará sobre a concentración parcelaria, o plan de investimentos de 2017, a Lei de Montes e as xestións derivadas dos danos dos lobos.

 Informacións relacionadas:

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.