Numeracion Curtis logos

Sete deportistas de Powerlifting dos ximnasios de Curtis, clasificados no campionato de España de Aranjuez

EquipoCurtisGaliciaSete deportistas dos ximnasios municipais do Concello de Curtis, integrantes do equipo galego que participou este fin de semana no Campionato de España de Powerlifting en Aranjuez, quedaron ou ben campións nas súas categorías ou ben clasificados para competir no Campionato Ibérico España-Portugal, que se celebrará en Porto.

Os deportistas son os seguintes:

  • Iria López: 1ª clasificada en menos de 48 kg. cun levantamento de 100 kg.
  • Paula Gómez: 1ª clasificada en peso morto e press banca en menos de 67,5 kg., ademais de campiona absoluta en ambas as categorías con 150 e 65 kg.
  • Christian Cornejo: campión absoluto subjunior (17 anos) cun levantamento de 170 kgs.
  • Guti Fernández Guti: Subcampión de menos de 110 quilos, cun levantamento de 210 kg.
  • Andrés Ponte: 1º clasificado press banca en menos de 56 kg. cun levantamento de 125.7 kg (marca do mundo da categoría).
  • Abel Vigo: 3º clasificado en peso morto con 180 kg.
  • Andrés Vázquez do Río: 3º clasificado en menos de 100 quilos con 140 e 250 kg.

Os ximnasios municipais de Curtis ven validada así a súa aposta por este deporte de forza ao contar con deportistas de alto nivel. Ademais, este municipio introduciuse en 2016 nos circuítos de competición ao celebrar en Teixeiro o Campionato Galego de Powerlifting, que organizou o ano pasado a súa segunda edición, así como o Open Nacional Concello de Curtis, que se celebrou o ano pasado por primeira vez.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.