Numeracion Curtis logos

A área de Igualdade de Curtis impulsa obradoiros para previr a violencia de xénero entre o alumnado da ESO e FP

prevencion violencia

A prevención da violencia de xénero centra os obradoiros que está a impulsar a área de Igualdade do Concello de Curtis entre o alumnado de 2º da ESO e da FP Básica do IES de Curtis, que finalizarán mañá.

A iniciativa, na que participaron 69 alumnos (39 rapaces e 30 rapazas), ten como obxectivo principal previr comportamentos e actitudes sexistas e da violencia de xénero mediante o desenvolvemento de cinco obradoiros. A través dunha serie de dinámicas participativas traballouse con cada grupo conceptos tales como os estereoptipos e os roles de xénero, a mitificación do amor romántico e o funcionamento do ciclo da violencia de xénero, entre outros.

O programa foi organizado polo CIM (Centro de Información ás Mulleres) de Curtis -servizo cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo- en coordinación co IES de Curtis.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.