Numeracion Curtis logos

O Concello atende as peticións dos gandeiros e cambia a data da Subasta de Elite de Gando Frisón para ampliar o prazo de inscrición

  • A poxa celebrarase o 7 de maio e os interesados poderán anotarse ata o 7 de abril.

poxaAs peticións dos gandeiros para participar na I Subasta de Elite de Gando Frisón levou ao Concello de Curtis a ampliar o prazo de inscrición e a cambiar, por tanto, a data de celebración. Así, os interesados en inscribirse nesta poxa de reses de alto valor xenético poderán anotarse ata o 7 de abril, venres, e a poxa, prevista inicialmente para o 23 de abril, organizarase o día 7 de maio, domingo, no recinto do Mercado Comarcal de Curtis.

O Goberno local atende así ás suxestións dos gandeiros, que demandaron máis tempo para poder presentarse e que se abrise a participación aos interesados de ámbito provincial co fin de dar un maior impulso á poxa, a primeira que se celebra en Curtis e que nace co obxectivo de mellorar a calidade xenética das explotacións gandeiras.

A intención do Concello curtiense é que esta subasta permita aos gandeiros adquirir reses para optimizar as súas explotacións sen necesidade de ter que saír fóra da comunidade, o que creará beneficios no propio territorio.

I Subasta de Elite de Gando Frisón

  • Exposición: sábado, 6 de maio. Recinto Feiral de Curtis. De 12.00 a 20.30 horas. 
  • Subasta: domingo, 7 de maio, ás 11.00 horas. Recinto Feiral de Curtis.
  • Prazo de inscrición: venres, 7 de abril, ás  14.00 horas.

Condicións e base de participación: pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.