Numeracion Curtis logos

Esther Lago deixa a concellaría de Igualdade, Xuventude e Voluntariado por motivos laborais e familiares

  • O Pleno ordinario dará conta da súa renuncia e tamén da toma de posesión de Víctor Manuel Fernández, que substituirá a Pilar Ponte como concelleiro non adscrito.

esther lagoEsther Lago Fariña, responsable das áreas de Igualdade, Xuventude e Voluntariado do Concello de Curtis, presentou a súa renuncia como concelleira da Corporación por motivos familiares e laborais, xa que o seu novo emprego sitúase a 25 km. de distancia.

Despois de comunicar a súa decisión ao rexedor e compañeiros do grupo municipal, Esther Lago, que se estreou como edil nesta lexislatura, remitiu unha carta agradecendo o apoio recibido e asegurando que "foi unha honra traballar co meu alcalde, con todos os meus compañeiros do equipo de Goberno e da Corporación e con todo o persoal municipal en facer que o noso Concello sexa cada vez máis habitable, cada vez mellor". "Foi -engade- unha honra traballar polos veciños, por todos e por cada un, desde este servizo público que hoxe abandono ao meu pesar".

A renuncia da edil levarase ao Pleno ordinario do 5 de abril, no que tamén tomará posesión o concelleiro non adscrito, Víctor Manuel Fernández, que substituirá á edil Pilar Ponte Boo, que tamén deixou a Corporación por motivos laborais e persoais.

Modificación de proxectos

Entre os puntos que se levarán ao seu debate ao Pleno, tamén se inclúe a ratificación dos decretos que modifican o proxecto de rehabilitación do Edificio de Usos Múltiples e o da mellora e axardinamento da Praza de Compostela, en Curtis, e do parque infantil Mestre Amparo Beledo Manuel Chaín, en Teixeiro. Os decretos foron aprobados no último pleno ordinario para axilizar a tramitación das obras.

  • Orde do día do Pleno Ordinario de abril pdf

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.