Numeracion Curtis logos

Máis dun centenar de gandeiros e agricultores de Curtis coñecen da man da conselleira de Medio Rural as medidas para impulsar o sector

  • Medio Rural quere incorporar a 2.200 persoas ao sector ata 2020.
  • O alcalde puxo de relevo a necesidade de adaptar o PXOM ás novas leis do Solo e Montes para dar respostas ao sector.

IMG 20170407 WA0008Máis dun centenar de gandeiros e agricultores asistiron esta mañá á xornada 'O medio rural galego desde Curtis', organizada polo Concello de Curtis para analizar e explicar as medidas que se están pondo en marcha desde as distintas administracións para revitalizar o sector primario e fixar poboación no rural.

A Consellería do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, que clausurou esta xornada, sostivo que o seu departamento ten como obxectivo incorporar a 2.200 gandeiros e agricultores novos nesta lexislatura, fin ao que destinarán 65 millóns de euros para  novos activos agrarios, modernización de explotacións e fomento das pequenas empresas no rural. Estas axudas enmárcanse no Plan de Fixación de Poboación do Rural da Xunta, dotado de 231 millóns de euros.

O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, puxo sobre a mesa as medidas desenvolvidas desde o Goberno local para impulsar o sector primario, estratéxico no municipio ao representar o 50% da súa economía, como é a atenciòn das súas demandas a través dunha adaptación do PXOM ás novas leis do Solo e de Montes. Ademais, destacou as bonificacións fiscais máximas aplicadas ao IBI das explotacións gandeiras, ás que se acolleron xa 83 titulares, o desenvolvemento de xornadas informativas e o I Subasta de Elite de Gando Frisón que se celebrará o 7 de maio.xornadas

Durante a xornada explicáronse, ademais, as axudas postas en marcha pola Reserva da Biosfera das Mariñas, á que pertence Curtis, a través dos Grupos de Desenvolvemento Local, e os programas lanzados por AgroBank Galicia.

Goodleit

Ás xornadas tamén se achegaron representantes da empresa Goodleit, que estiveron reunidos pola mañá co alcalde curtiense e os equipos técnicos do concello para abordar a implantación da innovadora planta de procesamiento de leite no polígono industrial de Teixeiro.

  •  Axudas GDR pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.