Numeracion Curtis logos

A reurbanización perimetral da Praza de España mellorará a súa seguridade, a accesibilidade e a iluminación

  • O investimento do Concello de Curtis nas obras ascende a 89.540 euros.

ObrasPlaza2ObrasPlaza1

As obras de reurbanización das beirarrúas da contorna da Praza de España (Teixeiro), que se están a executar xa, van dirixidas a mellorar a pavimentación, a adaptar a accesibilidade e a potenciar a iluminación deste emblemático punto de encontro do municipio curtiense.

Concretamente, a actuación, ademais de embelecer a praza onde se sitúa a Casa do Concello, permitirá solucionar os problemas de mobilidade coa construción dunha rampla, que eliminará as barreiras arquitectónicas, e a disposición dun paso elevado de peóns entre a entrada do Concello e a praza.

Ademais, substituirase toda a pavimentación perimetral, coa colocación de varandas de aceiro nas zonas de maior desnivel, como a fronte do Concello e gran parte dos dous laterais. Tamén se cambiarán as luminarias por outras de maior eficiencia enerxética e crearanse catro áreas para ocultar os colectores de lixo, aos que se sumarán colectores de papel e de vidro.

O investimento nestas melloras ascende a 89.540 euros e é financiada con fondos municipais.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.