Numeracion Curtis logos

Convocatoria de selección de persoal do Concello de Curtis para a cobertura de 4 prazas de peóns

logos curtis depuConvocatoria de selección de persoal do Concello de Curtis para a cobertura, con carácter temporal, das seguintes prazas:

  • 2 PEÓNS A XORNADA COMPLETA
  • 2 PEÓNS A XORNADA PARCIAL

Infórmase a todas as persoas interesadas en anotarse a estes procesos selectivos o seguinte:

  • Prazo de presentación de documentación: Do 02/05/2017 ao 10/05/2017 (ambos incluidos)
  • As bases das convocatorias pódense consultar dende o 28/04/2017 na Casa do Concello, na Oficina Municipal en Curtis e nos documentos anexados a este anuncio.

O Concello de Curtis vai proceder a estas contratacións de catro peóns, dous a xornada completa e dous a xornada parcial, ao abeiro da concesión a este concello de subvención (BOP da Coruña n.o 63 de 03/04/2017) conforme as bases do Programa de Integración Laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes anualidade 2017 (BOP da Coruña n.o 243 de 26/12/2016), da Deputación da Coruña.

Teixeiro (Curtis), 28 de abril de 2017

  • Convocatoria do proceso selectivo  pdf
  • Bases convocatoria para 2 peóns a xornada completa, e anexo I  pdf
  • Bases convocatoria para 2 peóns a xornada parcial, e anexo I  pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.