Numeracion Curtis logos

O Campus Terra da USC pide a colaboración dos produtores agrogandeiros para un traballo de investigación

usc 17O Concello de Curtis colabora coa Universidade de Santiago no desenvolvemento dun traballo de investigación sobre as explotacións agrarias a través da difusión dun cuestionario, totalmente anónimo. O obxectivo do Programa de Doutoramento en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio e o Laboratorio do Territorio (G.I. 1934 – LaboraTe) do Campus Terra é identificar e caracterizar a través do propio sector os mecanismos polos cales estas explotacións agrarias en Galicia acceden e amplían a súa base territorial (herdanzas, compravenda, en arrendamentos, integración de terras familiares, terras levadas...).

O formulario web está  destinado a produtores agrogandeiros cun perfil organizado, tecnolóxico e emprendedor/innovador (considerados o eixo do escenario “futuro do agro galego”) a través das organizacións produtivas e sociais (entre elas, asociacións de produtores; indicacións xeográficas, denominacións de orixe, comunidades de montes, asociacións veciñais...) como nodos de difusión deste.

Esta metodoloxía de mostraxe sustentada en nodos do tecido social e agrario é moi empregada en comarcas rurais de Europa Occidental, pois á par de perseguir o obxectivo específico, mide o vigor e potencial organizativo dos territorios.

O formulario É ANÓNIMO. A Universidade non pode dilucidar que explotacións o cubriron e a información solicitada é xenérica. O seu propósito é caracterizar esta realidade de xeito xenérico (proporcións e valores medios), nunca particular.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.