Numeracion Curtis logos

Curtis e outros concellos con centros penais nos seus territorios piden maior asignación para paliar os sobrecustos que conlevan

  • Angel Yuste, secretario xeral de Institucións Penais, trasladou a súa boa predisposición para buscar criterios "razoados e xustos" que poidan liquidar eses sobrecustos.

reunioncarcel 17O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, reunise hoxe, xunto con rexedores e edís dos municipios galegos que acollen centros penais e o portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Senado, José Manuel Barreiro, co secretario xeral de Instituciones Penitenciarias, Angel Yuste, para trasladarlle a incidencia que teñen estas instalacións no territorio onde se ubican al xerar un incremento de custos na prestación de servizos.

Nesta reunión explicouse cal é o estado no que se atopan as prisións de Teixeiro (Curtis, Coruña),  Bonxe (Lugo), A Lama (Pontevedra), Monterroso (Lugo) e Pereiro de Aguiar (Ourense), que sofren problemas comúns xa que o crecemento de custos ten relación cun aumento do gasto en mantemento, iluminación e en abastecemento de auga, entre outros. É dicir, un maior investimento en infraestruturas e nos servizos sociais básicos.

Doutra banda, tamén supón unha sobrecarga nos xulgados de paz, xa que teñen que tramitar un maior número de denuncias e déixase notar en localidades de dimensións tan reducidas. Do mesmo xeito, pediron na reunión unha maior sensibilización con esta situación e que os concellos vexan aumentada a súa asignación para axudar a paliar os gastos.

Angel Yuste, secretario xeral de Institucións Penais, trasladou a súa boa predisposición para buscar uns criterios "razoados e xustos" que poidan liquidar eses sobrecustos.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.