Numeracion Curtis logos

Sae a licitación a obra da senda peonil na marxe dereita da C-840 para mellorar a seguridade veciñal

  • O proxecto conta cun orzamento de 617.000 euros e afecta a un treito de 1,8 quilómetros no que se prevé tamén a rehabilitación da calzada onde sexa preciso.
  • A obra dá resposta a unha insistente demanda do Concello xa que esta é unha zona residencial na que viven preto de 300 veciños.

Curtis 1O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, anunciou esta mañá en Curtis a licitación que hoxe mesmo publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) do proxecto da obra da senda peonil na marxe dereita da C-840 na Rolda da Coruña e a Raia. A actuación, a cargo da Consellería de Infraestruturas, suporá unha inversión de máis de 617.000 euros, destinados a mellorar a seguridade viaria dos veciños da zona.

A actuación consiste na creación dun itinerario peonil de preto de 1.800 metros pola marxe dereita da estrada entre os quilómetros 20,140 e 21,190, a partir do bordo da actual plataforma. A obra inclúe, así mesmo, a reforma da intersección coa estrada do cemiteri , mantendo o carril de deceleración e o carril central de espera existentes. Ademais de rehabilitar a calzada e ampliar a plataforma onde fose necesario, o proxecto contempla tamén a construción de dous muros de contención para o sostemento da estrada, que se atopa nunha cota superior na contorna do quilómetro 21,5. A obra completarase cos traballos de drenaxe e a sinalización correspondentes.

O proxecto dá resposta a unha demanda que o alcalde Javier Caínzos tiña trasladado xa en varias ocasións a Xunta xa que esta é unha zona residencial na que viven preto de 300 veciños, que dispón de todos os servizos, pero non conta na actualidade cunha infraestrutura axeitada para o tránsito peonil. Curtis 3

O delegado territorial na Coruña, que estivo acompañado  na súa visita a Curtis polo alcalde, concelleiros e veciños da zona, lembrou que, unha vez adxudicadas, as obras teñen un prazo de execución de seis meses, polo que espera que “de cara a finais de ano os preto de 4.000 habitantes de Curtis podan camiñar con tranquilidade por este treito, feito pensando neles”.

As bases da convocatoria pódense consultar neste enlace do DOG. O prazo de admisión das ofertas rematará o vixésimo sexto día natural seguinte ao da publicación do anuncio no DOG.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.