Numeracion Curtis logos

Proposta de contratación e lista de reserva definitiva para contratar dous peóns a xornada parcial

logos curtis depuLISTA DEFINITIVA DE PUNTUACIÓNS TOTAIS DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN, LABORAL TEMPORAL A XORNADA PARCIAL, DE DOUS PEÓNS PARA O 'PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL',  PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DEFINITIVA E LISTA RESERVA DE CONTRATACIÓN DEFINITIVA

Ao abeiro das 'Bases do Programa de Integración Laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, anualidade 2017 (BOP da Coruña Nº 243 de 26/12/2016) (Liña 1. PEL-CONCELLOS', da Deputación da Coruña.

Vista a concesión da achega correspondente a este Concello, da Deputación da Coruña (BOP nº 63 de 03/04/2017), conforme ao Programa arriba indicado.

Rematado o procedemento de selección de contratación, laboral temporal a xornada parcial, de dous peóns e vista a acta do tribunal cualificador do mesmo.

Rematado o prazo de presentación de reclamacións, ás puntuacións acadadas no procedemento selectivo de contratación de dous peóns, laborais temporais a xornada parcial, á proposta de contratación provisional e á lista reserva de contratación provisional, sen que se presentase ningunha reclamación, publícase:

  • Lista definitiva de puntuacións totais do procedemento de selección, para a contratación, laboral temporal a xornada parcial, de dous peóns.
  • Proposta de contratación definitiva do procedemento de selección, para a contratación, laboral temporal a xornada parcial, de dous peóns.
  • Lista reserva definitiva de contratación de dous peóns a xornada parcial.

Documento en PDF coa publicación: pdf

Curtis, 29 de maio de 2017

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.