Numeracion Curtis logos

O malestar dos veciños e empresarios polo deficiente estado da Avenida Principal de Curtis chega á Deputación

  • A institución provincial xa ten o informe técnico do Concello e o rogo instando á urxencia do seu arranxo presentado polo alcalde e deputado Javier Caínzos.

avenidaprincipal agustinA solicitude de solución ao malestar dos residentes e dos empresarios con locais na Avenida Principal, a CP-3204, polo seu deficiente estado, xa está en mans da Deputación, institución titular desta vía que atravesa o centro urbano do pobo de Curtis. O seu deficiente estado provoca que ao paso dos vehículos, e especialmente dos camións, moitos de gran tonelaxe ao transportar leite e madeira, aumente o ruído e as vibracións na rúa, que chega mesmo a afectar o soño dos veciños.

O rexedor curtiense, Javier Caínzos, que é tamén deputado, presentou un rogo na Comisión de Infraestruturas Viarias, Vías e Obras da Deputación instando a que se executen as obras de mellora o máis axiña posible e entregou un informe da arquitecta técnica municipal, que inclúe unha análise tamén fotográfica, onde se advirten das fisuras no formigón, das roturas e gretas nas xuntas, do desgaste na capa de rodaxe e da mala ou nula sinalización nas áreas de aparcadoiro e o borrado dos pasos de peóns.

Nos últimos meses foron xa numerosas as ocasións nas que o Goberno local advertiu do mal estado do CP-3204 ao seu paso polo municipio.

No Pleno da Deputación tamén se abordou este tema, coa intervención do portavoz do PP na institución provincial, Agustín Hernández, quen lembrou a mala execución dos últimos arranxos desta vía, na que se investiron 60.000 euros, xa que só duraron uns meses.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.