Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis aforrará 297.224 euros en 2017-2018 asumindo servizos e reducindo os custos enerxéticos

  • Levará ao Pleno de xuño o Plan Económico e Financeiro para restablecer o obxectivo de estabilidade e a regra de gasto.
  • As medidas incluirán, ademais, un recorte en obras con fondos propios.

concello curtisO Concello de Curtis prevé unha redución de custos de 297.224 euros nas anualidades 2017-2018 a través da contratación de persoal propio para atender algúns servizos públicos agora externalizados, así como rebaixando os custos no mantemento da iluminación pública e no consumo eléctrico e reducindo a execución de obras con fondos propios.

Estas medidas, recollidas no Plan Económico e Financeiro para 2017-2018 que se aprobará no Pleno ordinario de xuño, traduciranse nun aforro progresivo de 45.000 euros no Servizo de Axuda ao Fogar xa que o apoio ao mesmo agora externalizado para cubrir baixas, vacacións ou eventualidades pasará a cubrirse con persoal propio contratado, o mesmo que o servizo de limpeza das instalacións municipais, onde o gasto se reducirá en 12.000 euros anuais. En canto á rebaixa no mantemento da iluminación pública, será de 35.000 euros coa súa contratación, e o custo do consumo eléctrico reducirase en 10.000 euros anuais grazas ao cambio das luminarias polo sistema LED executados desde o ano pasado. pleno xuno

Esta rebaixa de gasto, que tamén suporá reducir 170.000 euros en obras previstas para executar con fondos propios, neste caso de ámbito deportivo, desenvolverase aproveitando a necesidade do Concello de restablecer o obxectivo de estabilidade e a regra de gasto no prazo dun ano despois de que se desviasen nos orzamentos do 2016. Os motivos, un exceso do gasto computable propio por unha banda, pero tamén porque o gasto en investimento con financiamento doutras Administracións non foi compasado coa obtención dos ingresos.

O Plan Económico só afectará os gastos pero non aos ingresos vía subida de taxas ou impostos xa que o Goberno local considera que non estaría xustificado xa que o orzamento de 2016 pechouse cun remanente, é dicir, o saldo que reflicte a solvencia ou capacidade económica dunha Administración para afrontar as súas débedas, de 2,5 millóns de euros. Ademais, a débeda financeira do Concello é de cero euros desde 2014.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.