Numeracion Curtis logos

Nuria Sueiro tomará posesión mañá como edil de Igualdade, Mocidade e Voluntariado do Concello de Curtis

  • A nova edil regresa á Corporación curtiense, da que formou parte na anterior lexislatura

Nuria SueiroNuria Sueiro Rocha será a nova edil responsable das Áreas de Igualdade, Mocidade e Voluntariado do Concello de Curtis en substitución de Esther Lago, que deixou a concellaría en abril por motivos familiares e laborais. Nuria Sueiro regresa así ao equipo de Goberno e á Corporación curtiense onde xa foi concelleira na lexislatura anterior das mesmas áreas que agora ocupará.

A edil, de 24 anos, será a máis nova da Corporación. Tomará posesión no Pleno ordinario de xuño, convocado para mañá, venres, día 2.

Ademais, na orde do día inclúese para o seu debate os horarios dos plenos de carácter ordinario, que se seguirán celebrando o primeiro venres dos meses pares. A proposta que se votará recolle como alternativas as 9.00 horas, as 12.00 horas, as 14.15 horas, as 18.00 horas e as 20.00 horas.

  • Convocatoria do Pleno ordinario pdf

Outros temas que se abordarán no Pleno:

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.