Numeracion Curtis logos

A Corporación curtiense pide unida ao Concello da Coruña que permita o Plan de Accesibilidade do Transporte Interurbano

  • O Grupo Popular presentou a moción destacando a importancia deste plan para os veciños de Curtis.

pleno xuno 17O Pleno ordinario de Curtis curtiene aprobou, por unanimidade da Corporación, PP e os concelleiros non adscritos (Asembleas Abertas), a moción presentada polo Grupo Popular municipal co fin de trasladar ao Concello da Coruña a solicitude de que permita canto antes a posta en marcha gradual do Plan de Accesibilidade do Transporte Interurbano.

Así, pídenlle que dea as licenzas oportunas para activar as obras de adecuación ás novas paradas responsabilidade da Xunta e contratando e executando as obras correspondentes ao concello coruñés. Ademais, ínstase á Xunta a abordar as obras en canto dispoña de licenza municipal.

O portavoz popular, Antonio Fraga, defendeu a moción destacando a importancia deste plan para Curtis e as melloras que supuxeron xa as bonificacións das viaxes e dos transbordos do Plan Metropolitano, "o que revela que existe un potencial do incremento do atractivo deste servizo", que agora, sostivo, "pasa pola accesibilidade dos autobuses ao centro da Coruña".

O Plan pendente abre a posibilidade de que 43 liñas interurbanas realicen en A Coruña paradas nos puntos de maior interese para os veciños e reforza o atractivo do transporte público con viaxes máis curtas e menos transbordos.

Fraga insistiu en que é necesario que as Administracións cooperen e busquen fórmulas adecuadas para facilitar o transporte dos veciños. Nesta liña, a moción lembra que o pasado día 19 de abril acordouse no marco da Comisión de Seguimento do Plan de Accesibilidade a súa posta en marcha gradual, así como a análise continua das incidencias. Ademais, o portavoz municipal aclarou que este plan foi obxecto de procesos de participación cidadá, debates colectivos e reunións bilaterais entre os concellos implicados e a Xunta de Galicia e cos axentes sociais e profesionais implicados.

  • Moción presentada polo Grupo Popular e aprobada por unanimidade pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.