Numeracion Curtis logos

Proceso de selección de persoal para contratar os socorristas para as piscinas municipais

piscinaConvocatoria de selección de persoal para a contratación como persoal laboral temporal de socorristas e formación dunha lista de reserva para a prestación do 'Servizo de socorrismo nas piscinas do Concello de Curtis'.

Con data de 5/06/2017, ditase o Decreto da Alcaldía n.º 158, polo que se acorda o inicio  do proceso de selección de persoal arriba indicado, e se aproban as correspondentes bases.

O proceso de selección realizarase entre as persoas que envíe o INEM de Betanzos, conforme ao previsto na Orde do 2 de maio de 2017, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que financia dito servizo.

  • Bases da convocatoria: pdf

Curtis, 5 de xuño de 2017

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.