banner cam ver 2017

O Concello de Curtis rebaixará o imposto de construción e as licenzas de obras para incentivar os sectores económicos do municipio

  • O cambio nas ordenanzas fiscais, que buscan tamén unha repartición máis xusta da carga impositiva dos contribuíntes, irá a Pleno Extraordinario mañá, día 20.

pleno ex junioO Goberno local de Curtis levará para a súa aprobación en Pleno Extraordinario a modificación de dous gravames municipais, o ICIO e a taxa por expedición de documentos administrativos, co fin de incluír maiores beneficios fiscais e incentivar os sectores económicos do municipio, así como para "conseguir unha repartición o máis xusto posible na carga de impostos dos contribuíntes".

No caso do ICIO, imposto municipal indirecto cun gravame do 2%, a modificación da ordenanza incluirá bonificacións de ata o 60% ás construcións, instalacións e obras destinadas a realizar actividades industriais e comerciais que sexan declaradas de interese ou utilidade municipal. A rebaixa dependerá do orzamento da execución material e do número de postos de traballo.

Ademais, incluirase unha bonificación do 90% a construcións que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade das persoas con minusvalías; do 50% ás vinculadas a plans de fomento de investimentos privados en infraestruturas e tamén as referentes a vivendas de protección oficial, e do 5% a aquelas que incorporen sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar.

Así mesmo, a rebaixa fiscal será do 95% en construcións, instalacións e obras declaradas de interese ou utilidade municipal por considerar que concorren circunstancias culturais ou histórico artísticas que xustifiquen tal declaración.

Licenzas de obras

En canto ás bonificacións da taxa por expedición de documentos administrativos, recentemente aprobada, o equipo de Goberno que encabeza Javier Caínzos aplicará unha nova rebaixa ás licenzas de obras e presentación de comunicacións previas, que pasará do 1% ao 0,5%. O fin é beneficiar aos distintos sectores económicos do municipio, tanto de carácter industrial, comercial, hostaleiro, gandeiro, forestal como veciñal, "xa que a rebaixa beneficiará a todos por igual e, á súa vez, é coherente coa nova regulación do ICIO".

O Pleno Extraordinario está convocado para este martes, día 20, ás 9.00 horas.

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.