Numeracion Curtis logos

Contratación de socorristas para as piscinas municipais

piscina 2CONTRATACIÓN DE SOCORRISTAS PARA A PRESTACIÓN DO “SERVIZO DE SOCORRISMO EN PISCINAS MUNICIPAIS 2017”.

Javier Francisco Caínzos Vázquez, alcalde do concello de Curtis, (A Coruña), segundo as competencias que me outorga a lexislación vixente e tendo en conta:

Mediante Decreto da Alcaldía no 158/2017, de 5/06/2017, aprobáronse a convocatoria e bases do procedemento selectivo para a contratación de como persoal laboral de socorristas para a prestación do “servizo de socorrismo nas piscinas municipais do Concello de Curtis”, así como para a formación dunha lista de reserva.

Procedemento de selección que se levou a cabo conforme ao previsto na Orde do 2 de maio de 2017, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais, da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG no 87, de 8/05/2017), ao abeiro da cal este Concello solicitou unha achega para a contratación de catro socorristas para a apertura das piscinas municipais na temporada estival.

Presentouse oferta de emprego ao Servizo Público de Emprego de Galicia, quen envía un listado con dezaseis demandantes de emprego que poden participar neste proceso, presentado solicitude de participación no mesmo tan só tres persoas.

Mediante Decreto da Alcaldía no 170 de 14/06/2017 apróbase a lista definitiva de admitidos/a.

Con data de 16/06/2017, reúnese o tribunal cualificador para baremar os méritos alegados polos candidatos/a.

Unha vez presentada toda a documentación conforme ao previsto na cláusula sétima, e vista a proposta de contratación do tribunal cualificador, e en virtude das competencias atribuídas a esta Alcaldía no art. 21.1 h) da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, RESOLVO:

PRIMEIRO.- Aprobar definitivamente a lista de puntuacións acadadas por cada un/unha dos/das aspirantes do procedemento selectivo e a proposta de contratación realizada polo tribunal cualificador, que se indica:

No orde Apelidos e Nome NIF

  • Miraz Ares, Francisco Javier 47.366.832-B
  • Rivas Merelas, Tatiana 47.372.962-T
  • De Bernardo Vázquez, Adolfo José 32.707.607-C

SEGUNDO: Proceder a contratación na categoría de socorristas, como persoal laboral temporal, a xornada completa, para a realización da obra ou servizo denominado 'Servizo de socorrismo nas piscinas municipais', servizo que se declara prioritario, dende o día 23/06/2017 ata o 6/09/2017 aos seguintes candidatos:

  • Miraz Ares, Francisco Javier 47.366.832-B
  • Rivas Merelas, Tatiana 47.372.962-T
  • De Bernardo Vázquez, Adolfo José 32.707.607-C

TERCERO: Dar traslado da presente resolución aos departamentos de nóminas e persoal aos efectos oportunos.

CUARTO: Publicar esta resolución no taboleiro de anuncios do Concello de Curtis e páxina web do Concello www.curtis.gal.

Curtis, 20 de xuño 2017

  • Documento do decreto de contratación pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.