Numeracion Curtis logos

Reabre o Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro con máis salas e maior capacidade para desenvolver actividades

  • Entre as novas dependencias, destaca unha nova sala para os maiores e un salón de actos máis polivalente.
  • O alcalde inaugurou nas novas dependencias un curso de 'Monitor de Fútbol Base' organizado pola SDyC de Teixeiro e a Federación Galega de Fútbol

usos multiplesO alcalde Javier Caínzos explicou aos veciños a reforma do Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro durante unha xornada de portas abertas que serviu para reabrir estas instalacións despois de varios meses en obras. O investimento tanto na execución como no mobiliario superou os 100.000 euros.

O obxectivo desta actuación foi mellorar a funcionalidade do edificio para que as súas estancias puidesen ser utilizadas para desenvolver máis actividades. Así, construíronse novos espazos como unha aula para cursos, unha sala de usos varios e outra adaptada para os maiores. Ademais, aumentouse a capacidade do salón de actos, abríronse máis entradas ao exterior e executáronse aseos accesibles.

Con esta obra, o Concello de Curtis deu resposta a unha das propostas veciñais presentadas nos procesos de participación cidadá.

Ademais de explicarlle aos asistentes á xornada de portas abertas a polivalencia do edificio, o alcalde inaugurou o curso federativo de Monitor de Fútbol Base, ao que asisten 22 alumnos. Esta iniciativa foi posta en marcha pola Sociedade Deportiva e Cultural de Teixeiro (SDyC Teixeiro) e a Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol, e contou coa colaboración da área de Deportes municipal. O curso, que durará ata o 18 de xullo, está avalado pola Escola Nacional de Adestradores da RFEF.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.