Numeracion Curtis logos

Teixeiro acolleu unha xornada sobre as vantaxes para a empregabilidade xuvenil das estancias de formación en Europa

erasmusO municipio de Curtis acolleu unha das catro xornadas en Galicia, unha por provincia, coas que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado celebra este ano o 30 aniversario do Eramus + . O Concello curtiense participa desde 2010 neste programa europeo de formación e voluntariado co obxectivo de axudar á mocidade a adquirir habilidades e competencias, así como o coñecemento de outros idiomas e culturas, a través de estancias en países europeos.

A xornada, organizada no Centro Etnográfico de Teixeiro, centrouse na empregabilidade e vulnerabilidade xuvenil e estivo enfocada a dar a coñecer as posibilidades de formación no estranxeiro que ofrece este programa aos mozos e mozas que están no tránsito do mundo académico ao laboral.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou a xornada acompañada polo alcalde Javier Caínzos, e animou á xuventude galega a participar en programas europeos de formación e voluntariado como o Erasmus + ou Galeuropa. “Esta aprendizaxe e as habilidades e competencias adquiridas se están a converter nunha parte esencial dos currículos dos mozos ao ser moi valorada polas empresas de tal maneira que o desemprego entre os participantes dos programas diminuíu nun 67%, segundo un recente estudo da Universidade de Santiago”, aclarou.

Neste sentido, lembrou que a Comisión Europea recoñece esta experiencia e coñecementos mediante o certificado Youthpass e que a Xunta tamén expide un certificado que lle da visibilidade a esta aprendizaxe non formal e valida as competencias asumidas, contribuíndo así á mellora das posibilidades de emprego.

O alcalde destacou a aposta do Goberno local por este tipo de programas, "cos que movilizamos no noso concello a centenares de mozos nos últimos sete anos".

Visita a empresas da zona

Os asistentes participaron nun taller sobre ‘Empregabilidade e vulnerabilidade xuvenil’ a cargo de Iván Vizcaíno e Jesús Vázquez, profesor e director respectivamente da Escola Universitaria de Relacións Laborais da Universidade da Coruña; coñeceron un panel de experiencias sobre iniciativas derivadas do programa Eramus+ a cargo dunha técnica da entidade ‘Terras de Compostela’ e visitaron tres empresas da zona, Bioetanol, Rodiñas e a explotación Virxe do Camiño, acompañados do primeiro teniente de alcalde, Antonio Fraga

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.