Numeracion Curtis logos

Máis de 220 inscritos na IV Carreira Popular e 174 no VIII Campionato de Galicia que se disputarán mañá en Curtis

carrera 2017As rúas de Curtis serán mañá as pistas urbanas para a IV edición da Carreira Popular organizada pola área de Deportes do Concello de Curtis, na que se inscribiron 221 persoas de todas as idades, e para o VIII Campionato de Galicia de 5 quilómetros en ruta, con 174 inscritos.

As carreiras, que partirán diante do Pavillón Polideportivo de Curtis, comezarán ás 18.00 horas coa saída dos máis pequenos, os pitufos, e sucederanse por categorías ata o oito da tarde.

A proba absoluta disputarase sobre unha distancia de 5 quilómetros homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e será á súa vez o VIII Campionato de Galicia. Este último contará coa presenza destacada das atletas Paula Mayore e de Soledad Castro.

Os premios este ano serán entregados polo director de deportes da Radio Galega, Xoán Galán.

O Goberno local de Curtis, na súa aposta por impulsar o deporte e promover hábitos e estilo de vida saudables, sumouse hai catro anos ao grupo de organizadores das 295 competicións oficiais de Galicia. Por este esforzo, o Concello recibiu unha distinción da Federación Galega de Atletismo Galego.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.