Numeracion Curtis logos

Un investimento de 5 millóns de euros permitirá pór no mercado a totalidade do Polígono Industrial de Teixeiro

  • SEPES sacará a licitación a segunda e última taxe de urbanización, que dotará de servizos básicos aos 337.000 metros cadrados aínda pendentes de desenvolver.

Plano PoligonoA SEPES, Entidad Pública Empresarial del Suelo, investirá 5 millóns de euros en acometer a segunda e última fase da urbanización do Polígono Industrial de Teixeiro (Curtis), que suporá dotar dos servizos públicos necesarios aos 337.000 metros cadrados aínda pendentes de desenvolver. Con este investimento e a próxima contratación das obras, a entidade que dirixe Lucía Molares pecha o compromiso adquirido co alcalde curtiense, Javier Caínzos, na reunión mantida a principios deste ano.

A actuación permitirá atender as peticións de asentamento de empresas de grandes dimensións ou que por necesidades estruturais non se adapten aos espazos que aínda están á venda na primeira fase. A última adquisición foron 11 parcelas, que ocupan 85.000 metros cadrados, onde se instalará Goodleit, a gran planta transformadora de leite que apostará pola innovación e a xeración de valor engadido á materia prima. Nestes momentos, a empresa tramita os permisos urbanísticos.

Promesa electoral e baixada impositiva

Para o Goberno local, a execución da segunda fase dá resposta a unha das promesas electorais desta lexislatura, na que o Concello está a dar outros pasos para impulsar os sectores económicos e a xeración de emprego no municipio e a comarca, como foi a aprobación recente das bonificacións do 60% e ata do 95% no ICIO (Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras) e do 50% na taxa por licenzas de obras. O alcalde destacou no Pleno onde se aprobaron estas rebaixas fiscais a importancia de que o Concello, unha vez que os indicadores económicos indican un maior movemento empresarial co final da crise, dea un novo impulso para apoiar a instalación de novas industrias no Polígono,"un dos máis grandes de Galicia e dos mellor dotados e situados".

O proxecto de urbanización da segunda fase incluirá o acondicionamento do terreo, a execución dos viarios públicos, a pavimentación, o saneamento e o abastecemento de augas, as redes de telecomunicacións e de distribución eléctrica e iluminación pública, a xardinaría e o mobiliario urbano.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.