Numeracion Curtis logos

Máis dun centenar de mozos curtienses participaron en programas de formación e voluntariado en Europa desde 2010

  • Oito xóvenes de Italia, Rusia e Ucraína participaron en programas anuais do Concello de Curtis, e tras o verán incorporarase unha nova voluntaria.
  • Máis de 150 mozos e representantes europeos pasaron polo municipio en programas desenvolvidos polo Concello con outras entidades locais.

daria voluntariaMáis dun centenar de mozos e mozas do Concello de Curtis participaron en programas de educación non formal e de voluntariado en Europa desde 2010, ano no que o Goberno local empezou a apostar por impulsar no municipio programas como o Erasmus + en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

A mocidade de Curtis gañou experiencia e coñecementos a través de estancias temporais, xornadas, convencións, irmandamentos e intercambios en 8 países europeos. Grazas a estas saídas implementaron no seu currículo, e melloraron por tanto a súa empregabilidade, aprendizaxe en idiomas e noutras realidades culturais e empresariais, e conseguiron novas habilidades e competencias.

Ademais, froito desta aposta por achegar o concello curtiense a Europa pasaron polo municipio ao redor de 150 mozos e representantes de organizacións e asociacións doutros países europeos, que regresaron aos seus lugares de orixe cun maior coñecemento sobre Curtis, a súa realidade, os seus costumes e a súa cultura.

O Concello tamén acolleu a 8 mozos voluntarios de Rusia, Italia e Ucraína en estancias dun ano de duración, nas que se integraron no día a día da vida do concello e participaron, baixo a tutela dos traballadores municipais, en actividades culturais, de turismo e formación. Actualmente atópase colaborando unha voluntaria rusa, Daria Turkova, e tras o verán incorporarase outro mozo.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.