banner cam ver 2017

O mercado comarcal de Curtis celebrará este mes dúas feiras especiais os días 9 e 23 ao caer en domingo

mercado curtis 2017O mercado tradicional de Curtis acollerá dúas feiras especiais durante este mes de xullo, os días 9 e 23, que ao caer en domingo terán un maior dinamismo, especialmente na nave de gando e destinada á venda cabalar xa que aumentará de maneira importante o número de tratantes.

Esta feira comarcal conta con máis de 130 postos de venda distribuídos nun espazo de 25.000 metros cadrados de extensión e catro naves cubertas e acondicionadas para o tipo de venda en cada unha delas, para o gando, para os produtos frescos, para a zona de xardinaría e artesanía e a zona das pulpeiras, que foi a última en ser mellorada con novo pavimento e mostradores e novas campás extractoras.

A Feira de Curtis ten máis de cen anos de tradición e segue sendo a de maior movemento da comarca. O crecemento do núcleo urbano ao redor deste mercado terá este ano o seu reflexo, por segunda edición consecutiva, na 'Festa da Lembranza, as feiras de 1900', que se celebrará o día 29 de xullo, e mostra como era o comercio a principios de século.

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.