Numeracion Curtis logos

O Concello lembra a obrigación de usar de maneira correcta os colectores e sancionará as infraccións

  • As inspeccións periódicas do servizo de recollida de residuos detectaron varios usos indebidos tanto por particulares como por empresas.

FotoContenedores1O Concello de Curtis lembra a obrigación dos veciños e comerciantes de utilizar de maneira correcta os colectores de residuos do municipio, é dicir, segundo os usos aos que están destinados, co fin de contribuír a unha xestión máis eficiente do servizo e facilitar a reciclaxe.

A concesionaria da recollida de RSU detectou nas inspeccións que desenvolve de maneira periódica varias infraccións en distintos lugares tanto por parte de particulares como de empresas ao aparecer, entre outros, restos de poda dos xardíns, herbas e garrafas plásticas de produtos de limpeza nos depósitos verdes, coñecidos como xenéricos e destinados só aos residuos orgánicos e non reciclables, así como pezas de vehículos e restos de comida en colectores amarelos, onde deben ir envases plásticos, latas ou bricks. FotoCOntenedores2

Desde o Goberno local advírtese de que as inspeccións se seguirán realizando e sancionaranse segundo o regulamento en vigor. A vertedura de lixo en lugares non autorizados constitúe unha infracción moi grave que pode ser sancionada con multas que oscilan entre os 300 e 600 euros.

Reforzo do servizo

O Concello reforzou na última concesión o servizo de recollida de residuos coa ampliación das prestacións, coa colocación de maior número de colectores e coa posta en marcha de varias campañas de comunicación, tanto porta a porta, nas que se recolleron as necesidades de colectores e coas que se informaron dos seus usos, así como a través de dípticos, da web municipal e das redes sociais.

O Goberno local insiste na importancia de que os cidadáns se conciencien na necesidade de coidar o medio ambiente e contribúan a unha xestión eficaz xa que unha boa recollida selectiva en orixe facilitará a reciclaxe e abaratará o custo desta prestación pública.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.