Numeracion Curtis logos

Gelines: "Agradecemos ás persoas que durante moitos anos loitaron por divulgar esta feira e atraer visitantes"

feria 1900 2 17Angela Isabel Pérez Corral, coñecida como Gelines, mestra durante 40 anos no municipio curtiense, foi a pregoeira da II edición de 'Curtis na Lembranza-As Feiras do 1900'. Acompañada do alcalde Javier Caínzos e da pregoeira do ano pasado, a deportista Dolores Sánchez, lembrou como eran as feiras cando era pequena, como esperaba a súa celebración con ilusión, e agradeceu a todas as personas que loitaron porque seguiran a ser as dinamizadores económicas do pobo de Curtis.

Esto foi o que contou:

"Bos días a todos.

Grazas Alcalde por esta magnífica presentación!

Grazas Asociación de Comerciantes de Curtis por pensar en min!

E, como non, gracias á pregoeira do ano pasado, Dolores, por acompañarnos.

Grazas tamén a todos os vecinos e visitantes que estades dispostos a compartir este día de lembranzas.

Esta mañá, cando cheguei no tren, acompañada pola miña familia, lembreime das moitas chegadas no tren, cando era nena, acompañada do meu pai. Viñamos de Ferrol, onde el estaba destinado pois era militar, e eu estudiaba nun colexio interna. Esta estación dábame alegría porque viña de vacacións a casa dos meus avós. Aquí collíamos o único taxi que había, a Rubia do Barbeiro. Os que sodes da miña idade recordarédelo

Na aldea, cos meus avós, tíos e primas pasábao de marabilla pero estaba desexando que chegara o día da Feira para vir ao que para min era unha festa. Chamábame a atención o movimiento de xente que había pola estrada, onde se poñían moitos postos con toda clase de mercadorías. Os grandes comercios de roupa e de comestibles estaban rebosantes de clientes, así como as panaderías. Viñan autobuses de moitos lugares, ateigados de xente, incluso no teito.

O Campo da Feira, a Carballeira, estaba cheo de gando atado aos carballos. Mulleres con cestas de queixos, carros con patacas, verduras, ovos, etc. A min, e a calquer neno, gustábame este espectáculo, sobre todo porque sempre me compraban alguna chuchería ou as simples rosquillas. A mediodía, íamos comer os callos e a carne asada a unha das moitas casas de comida que proliferaban en Curtis. A xente continuaba facendo negocios mentres comía.

A Feira foi sempre un motor económico para o pobo. Para a xuventude, era unha diversión. Coñecían xóvenes doutras parroquias e incluso doutros concellos. Paseaban pola estrada toda a tarde ata á hora do baile. No salón había orquestas e moita animación.

Nos anos 75 e 76 construíronse varias naves para facer a Feira Comarcal. Os veciños aportaron os terreos porque nese momento non había. O Concello non aprobou a partida necesaria e ante o temor de perder o presuposto que tiña a Deputación, os veciños ofreceron a súa colaboración para compralos. Hai que destacar que algúns propietarios de solares os doaron.

Dende entón, a Feira trasladouse ás naves, onde se organizaron axeitadamente as persoas e o gando. Notouse nos negocios do pobo que xa non estaban tan ateigados de clientes. Varias circunstancias influíron nas épocas de baixón das feiras. A compra de gando a domicilio, e tamén os queixos. Os tratantes tiñan os seus provedores na aldea e xa non pasaban pola Feira. Estes períodos de dificultades trataron de superalos traendo máis mercadorías, diversificando a oferta e organizando feiras específicas para exaltar produtos da terra, tales como os grelos, os queixos, etc.

Foron moitas persoas as que loitaron por divulgar estas feiras e atraer visitantes durante moitos anos. Hoxe agradecémoslles a súa adicación desinteresada e animamos a todos a continuar, especialmente esta festa conmemorativa das primeiras feiras que se fixeron no recién fundado pobo de Curtis, que naceu co ferrocarril e viviu das feiras.

Viva Curtis!"

 Para ver máis imaxes da festa:

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.