Numeracion Curtis logos

O Concello aumenta un 30% as bonificacións do ICIO en todos os seus tramos en función do emprego e o investimento

  • Con esta rebaixa fiscal, que a oposición votou en contra, o Goberno local potencia os sectores económicos e dá resposta ás alegacións presentadas por comerciantes e empresarios.

 teixeiro poligonoO Concello de Curtis aprobou no Pleno Ordinario do luns incrementar nun 30% as bonificacións do ICIO, Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras, recollidas na última ordenanza fiscal. A rebaixa aplicarase en todos os tramos deste gravame municipal, fixado nun 2%, de forma que os descontos oscilarán entre o 50% e o 90%.

O alcalde curtiense, Javier Caínzos, destacou que con esta rebaixa fiscal dáse resposta ás alegacións presentadas pola Asociación de Comerciantes de Curtis e pola Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial de Curtis-Teixeiro durante o período de exposición pública da nova ordenanza municipal, na que xa se establecía unha gradación no pago deste imposto en función do volume de investimento das empresas que solicitan a bonificación e en función do número de empregos previstos. "A maneira máis ecuánime e máis xusta na repartición das cargas impositivas é que paguen menos aquelas empresas que máis invistan e que cren máis postos de traballo no municipio", aclarou o rexedor.

Nas súas alegacións, ambos os colectivos mostráronse de acordo cos tramos das bonificacións recollidos na ordenanza, pero solicitaron que as reduccións impositivas se incrementasen un 30% en cada un deles. A estimación destas alegacións no Pleno ordinario foron aprobadas só cos votos a favor dos concelleiros do equipo de Goberno xa que a oposición, os edís non adscritos, votaron en contra.

O rexedor aclarou que esta rebaixa impositiva pretende potenciar a fortaleza de todos os sectores económicos do municipio e ás empresas xa instaladas, así como animar á implantación de novas industrias. Ademais, lembrou que recentemente se reduciu á metade a taxa pola expedición de documentos administrativos.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.