Numeracion Curtis logos

O GES de Curtis retirou na primeira semana de agosto unha media diaria de 10 niños de Vespa Velutina

  • No que vai de ano, as intervencións neste sentido eleváronse a 384, o 54% en Oza-Cesuras

ges vespaO GES de Curtis interveu no que vai de ano, do 1 de xaneiro ao 7 de agosto, na retirada de 384 niños de Vespa Velutina, é dicir, unha media de 54 cada mes. O ano pasado, as actuacións neste sentido, que se elevaron a 521, foron as causantes de que o Grupo de Emerxencias Supramunicipal, composto por un equipo estable e profesional de 12 efectivos, triplicase a súa carga de traballo.

Os meses de verán están a ser os máis conflitivos en canto a alarmas pola presenza desta avespa asiática, especialmente agosto xa que só na primeira semana se retiraron 60 niños, a unha media de dez diarios. En xullo, a cifra ascendeu a 175 e en xuño, a 60.

O maior número de saídas por este motivo do GES, que atende un territorio de 800 quilómetros cadrados con 18.000 veciños de Curtis, Sobrado, Vilasantar, Mesía, Oza-Cesuras e Aranga, foi ao concello de Oza-Cesuras, onde se retiraron o 54% do total de niños (208), seguido de Aranga, con 50 intervencións. Pola contra, o municipio menos afectado é o de Curtis, onde se retiraron 25 niños.

O Concello de Curtis sumouse ao plan galego de vixilancia e control para a Vespa Velutina a través dos efectivos do GES, que recibiron formación específica para loitar contra esta praga, ademais de traxes especiais.

grafico velutina

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.