O Concello dá conta da súa xestión, dos investimentos e dos proxectos de futuro nun novo número de 'Curtis ao Día'

revista curtis 3O Concello de Curtis, co obxectivo de que os cidadáns poida coñecer mellor a xestión municipal, a que se destina o diñeiro público e as decisións adoptadas, publica o terceiro número da revista 'Curtis ao día'.

Nesta publicación, o Goberno local dá conta das actuacións executadas, dos investimentos e dos proxectos postos en marcha co fin de equilibrar a sustentabilidade da economía municipal (tanto do concello, o diñeiro de todos, como das familias) co reforzo dos servizos públicos e coa baixada impositiva aos axentes implicados en impulsar os sectores económicos. Explica, ademais, as xestións que va desenvolvendo para converter o municipio nun lugar atractivo para captar investimentos e empresas, o que permitirá crear emprego e asentar poboación no rural.

A revista, que naceu como unha ferramenta de transparencia, quere reforzar a comunicación do día a día do equipo de Goberno cos veciños e veciñas.

  • A publicación chegará a todos os fogares, pero tamén se pode descargar na área de Comunicación da nosa web: 'Curtis ao Día, nº 3'

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.