Numeracion Curtis logos

A mellora das áreas axardinadas da Praza de Compostela en Curtis finalizará a próxima semana

  • Plantaranse novas especies, reforzarase a pavimentación e a iluminación e rehabilitarase o lavadoiro.

praza compostelaA actuación de mellora e axardinamento da Praza de Compostela, situada na contorna da estación de ferrocarril no pobo de Curtis, avanza a moi bo ritmo e finalizará a semana que vén.

O obxectivo do Concello curtiense con esta execución, que se iniciou hai uns días, é avanzar na integración ambiental de dúas áreas axardinadas da praza, que se enriquecerán coa plantación de tilos, rodoendros e lorepétalos. Tamén se reforzará a pavimentación e a iluminación e instalarase a rega automática.

Ademais, ás obras previstas inicialmente sumarase a rehabilitación da zona do lavadoiro, coa súa rehabilitación e a colocación de mesas e bancos.

Unha vez terminados estes traballos, iniciaranse os da mellora do parque infantil Mestres Amparo Beleda e Manuel Chaín en Teixeiro, En ambas as execucións investiranse 57.400 euros.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.