banner nadal 17

O Concello de Curtis presenta a II Subasta de Elite de Gando Frisón no Concurso Nacional de Gijón

  • O alcalde Javier Caínzos explicou a organización desta poxa, a única que se celebra en Galicia, que se celebrará os días 17 e 18 de febreiro.

puxa gijonO alcalde Javier Caínzos presentou na 38ª Edición del Concurso Nacional de Raza Frisona de Gijón a II Subasta de Elite de Gando Frisón que organiza o Concello de Curtis para impulsar a calidade xenética das explotacións gandeiras e para pór en valor o traballo e o investimento dos seus titulares nesta mellora. A poxa, que se celebrará os días 17 e 18 de febreiro de 2018, organizouse este ano por primeira vez cun gran éxito de vendas e de asistencia de gandeiros, procedentes de toda España.

O rexedor lembrou en Gijón que a de Curtis é a primeira e única poxa deste tipo que se celebra en Galicia e que a súa organización permite que os gandeiros que queren incrementar a rendibilidade das súas explotacións a través da mellora xenética bovina non teñan que saír fóra da comunidade autónoma, á vez que se crean beneficios no propio territorio.

Cartel embriovet II subastaCaínzos, que foi acompañado da empresa colaboradora na organización da poxa galega, reuniuse con tratantes e gandeiros e coñeceu de primeira man a estrutura do concurso nacional.

Melloras do recinto feiral

Ademais, aproveitou para dar a coñecer as instalacións do Recinto Feiral de Curtis, "que fomos mellorando nos últimos anos ata convertelo no mellor da provincia para desenvolver este tipo de iniciativas", sostivo, e destacou a importancia das subatas de elite para incentivar ao sector primario, especialmente o lácteo, que supón o 50% da economía local de Curtis así como doutros moitos municipios galegos.

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.