banner nadal 17

O alcalde de Curtis aborda con Beatriz Mato os cambios do PXOM e a mellora da planta de transferencia

  • Caínzos solicitou á conselleira de Medio Ambiente melloras para a planta de tratamento de residuos, que dá servizo a Curtis, Sobrado e Vilasantar.

reunion MatoO alcalde de Curtis, Javier Caínzos, mantivo hoxe unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, para abordar a tramitación do PXOM, a mellora da planta de transferencia e os proxectos de saneamento.

O rexedor comentou coa conselleira os avances na reforma do Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado en 2017, e que será un dos primeiros en Galicia en adaptarse á nova Lei do Solo. Entre os cambios principais, sostivo Caínzos, atópase a delimitación de núcleos rurais de acordo coas peticións presentadas polos veciños nos procesos de consulta cidadá e a actualización das categorías de chan rústico para adaptalo aos novos usos do territorio.

Ademais, o alcalde solicitou á responsable de Medio Ambiente a mellora no mantemento e conservación da planta de transferencia de residuos, que dá servizo aos concellos de Curtis, Sobrado e Vilasantar, e analizaron varios proxectos de saneamento.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.