Numeracion Curtis logos

Curtis impulsa o irmandamento con municipios de 6 países europeos para fomentar o voluntariado activo

  • O proxecto reunirá no concello a máis de medio centenar de representantes de Italia, Portugal, Bulgaria, Hungría, Estonia e Eslovaquia do 24 ao 31 de outubro.
  • A súa estancia fíxose coincidir coa celebración da XVIII Exaltación dos Cogomelos de Teixeiro os días 28 e 29 de outubro.

casa concelloO Concello de Curtis irmanarase este mes con municipios doutros seis países europeos, Italia, Portugal, Bulgaria, Hungría, Estonia e Eslovaquia, co fin de promover conxuntamente o voluntariado como ferramenta de promoción do compromiso cidadán coa sociedade.

Cun financiamento de 10.000 euros, o proxecto do Goberno curtiense, enmarcado baixo o epígrafe `'Strengthening local measures, multiplying European volunteers' (Reforzando as medidas locais, multiplicando os voluntarios europeos), foi dos poucos en España en conseguir luz verde do programa Europa for citizen (Europa para os cidadáns). Ademais, conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Os actos de irmandamento celebraranse do 24 ao 31 deste mes e reunirá en Curtis ao redor de medio centenar de representantes de distintos colectivos e institucións dos distintos municipios europeos. As actividades programadas incidirán na necesidade dunha implicación activa dos cidadáns nos temas prioritarios para a UE e en estimular debates interculturais para crear ideas innovadoras e solucións alternativas para as emerxencias sociais de dimensión local e europea. Durante esta estancia desenvolveranse seminarios, talleres, mesas redondas e encontros con expertos locais no campo do voluntariado, a cidadanía activa e a democracia participativa, e abordarase o voluntariado desde as súas distintas perspectivas, entre outras, a mocidade, o ecoloxismo, como recurso social e como un instrumento de paz entre os pobos.

XVIII Exaltación dos Cogomelos de Teixeiro

Ademais, o Goberno local quere aproveitar a estancia para fomentar a interacción dos asistentes coa comunidade local. Así, fíxose coincidir o irmandamento coa celebración da XVIII Exaltación dos Cogomelos de Teixeiro os días 28 e 29 de outubro, na que 24 locais de hostalaría promocionarán nunha ruta gastronómica as decenas de maneiras diferentes de preparar este produto local, organizaranse dous actos sobre a cultura musical como é o V Ruada e o IV Dakar Ghaiteiro e porase en marcha o IV Feira do Comercio Local de Teixeiro, impulsada pola asociación de comerciantes da localidade.

Curtis atópase xa irmanado desde 2014 con outro sete municipios de países europeos, cos que asinou o documento 'Cidadáns activos para un diálogo europeo'.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.