Numeracion Curtis logos

Finalizada a mellora no parque infantil de Teixeiro coa instalación dunha pérgola solicitada polos veciños

foto pergolaA intervención de mellora no parque infantil Mestres Amparo Beleda e Manuel Chaín en Teixeiro finalizou a semana pasada. A actuación consistiu na instalación dunha pérgola para a protección solar, que ocupa gran parte da área de xogos, o arranxo das deficiencias do parque e na intensificación da iluminación coa colocación de catro proxectores.

Na mellora desta área e na integración das zonas axardinadas da Praza de Compostela en Curtis, que se enriqueceron con novas plantacións, co reforzo da pavimentación e a iluminación e coa rehabilitación do lavadoiro, investiuse 57.400 euros.

Ambas as actuacións foron solicitadas polos veciños durante o proceso de consultas cidadás posto en marcha polo Concello curtiense.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.