Numeracion Curtis logos

Inleit comeza a construción da súa innovadora planta procesadora de leite no Polígono de Teixeiro

  • A empresa investirá 70 millóns de euros nunha planta transformadora de alta tecnoloxía e prevé crear 130 postos directos e 130 indirectos en tres anos.

inleit1A empresa Inleit (Goodleit) comezou a execución da súa innovadora planta procesadora de leite no Polígono Industrial de Teixeiro (Curtis). Esta industria centrarase na elaboración e comercialización de ingredientes funcionais e nutricionais de alto valor engadido, dedicados á industria clínica, dietética, deportiva e infantil, así como á industria agroalimentaria en xeral.

O investimento ascenderá a 70 millóns de euros co obxectivo de transformar 70 millóns de litros de leite en 2018 e alcanzar de maneira progresiva os 450 millóns (450.000 toneladas) en 2023.

Inleit avanza a súa intención de crear en tres anos 130 postos de traballo directos e 130 indirectos na rede local de provedores xa que a súa implantación suporá tamén pór en valor e mellorar o volume de produción das explotacións gandeiras non só do municipio, onde o sector primario representa o 50% da súa economía, senón da comarca e do resto de Galicia.

Segunda fase do Polígono

inleit2O Polígono de Teixeiro, cunha superficie de dous millóns de metros cadrados, dos que 1.018.745 son de uso industrial, é o polígono máis grande da provincia da Coruña en fase de comercialización, un dos mellor conectados e coas mellores infraestruturas e equipamentos para o asentamento industrial (auga bruta, rede de gas, subestación eléctrica propia, espazos verdes, liña de ferrocarril paralela, etc.).

En breve, ademais, comezarán as obras de urbanización da segunda e última fase do Polígono, onde se investirán 5 millóns de euros e que permitirá atender as peticións de asentamento de empresas de grandes dimensións que por necesidades estruturais non se adapten aos espazos que están á venda na primeira fase. De feito, o 27% do terreo desta última fase xa está apalabrado. En canto ao nivel de ocupación e venda da primeira, achégase ao 74%.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.