Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis denuncia verteduras ilegais na canteira de Portecelo e abre expedientes polo mal uso dos colectores

  • O Goberno local sostén que terá tolerancia cero e que aplicará con rigor as sancións previstas na normativa municipal.

portecelo1O Concello de Curtis presentou unha denuncia ante a Garda Civil por verteduras ilegais na canteira de Portecelo, área que xa se procedeu á súa limpeza hai apenas uns días tras outra vertedura con residuos similares e que pola súa natureza (pneumáticos...) deberían depositarse no Punto Limpo. Dáse a circunstancia agravante de que nesa zona existe un cartel coa prohibición expresa de verter calqueira tipo de lixo.

O Goberno local, que vén detectando desde hai semanas vertidos incontrolados e un mal uso dos colectores, iniciou unha contundente campaña de tolerancia cero para sancionar aos infractores e insiste en que é obrigación de todos os cidadáns o coidado e respecto pola natureza e o uso correcto dos depósitos habilitados para os distintos tipos de residuos. Nos últimos días iniciou a apertura de expedientes sancionadores e procederá a aplicar con rigor a normativa municipal, que contempla multas que oscilan entre os 39 e 600 euros.

O edil responsable de Medio Ambiente, Antonio Fraga, lembra que existe un servizo de recollida gratuíta de residuos para o Punto Limpo así como de plásticos agrícolas, que se pode solicitar tamén a través da aplicación móbil municipal, e que na última concesión do servizo de Recollida de Residuos Urbanos melloráronse as prestacións coa recollida gratuíta de papel cartón a domicilio tres veces á semana. Ademais, ampliouse o número de colectores e instaláronse os de recollida de aceite.

Así mesmo, desenvolveu varias campañas de información co fin de concienciar aos cidadáns, comerciantes e hostaleiros de que a recollida selectiva facilita a reciclaxe e abarata o custo da prestación.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.