Numeracion Curtis logos

O proxecto para executar a rotonda entre a AC-840 e a DP-3204, en exposición pública ata o 19 de decembro

  • A obra, na que se investirán 237.000 euros, complementará a construción, xa en marcha, dunha senda peonil para mellorar a seguridade viaria.

rotonda 2O proxecto de construción dunha rotonda entre a intersección da AC-480 e a estrada provincial DP-3204 atópase en exposición pública na Casa do Concello (Teixeiro), na Axencia Galega de Infraestruturas (Santiago), no Servizo de Infraestruturas da Coruña e na web da Consellería de Infraestruras e Vivenda, departamento que investirá 237.000 euros nesta obra para reforzar a seguridade viaria.

Os veciños poderán presentar as súas achegas ao proxecto ata o día 19 de decembro, data no que finalizará a exposición pública. De maneira paralela, poderase consultar nos mesmos lugares a relación de bens, dereitos e propietarios afectados polas obras e presentar alegacións ou solicitar as rectificacións pertinentes.

A reforma deste cruzamento, que rexistra unha elevada accidentalidade, consistirá na execución da glorieta, a pavimentación, a construción das beirarrúas e a sinalización. O seu obxectivo é posibilitar os xiros dos vehículos en condicións máis seguras e con maior visibilidade.

Esta obra complementará á que xa se está executando da senda peonil, que estará terminada a próxima primavera e que permitirá conectar o treito comprendido entre o Alto dá Espeniña e a intersección coa estrada que vai a Montesalgueiro (AC-230). O investimento nesta infraestrutura viaria ascende a medio millón de euros.

O Concello felicita estas actuacións, que leva tempo demandando para mellorar os desprazamentos dos veciños que transitan por esta zona, e en concreto dos máis de 300 que viven alí.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.