Numeracion Curtis logos

Orientación Laboral organizará un curso para profesionais que desexen acreditarse como docentes

servizoscurtis 2016O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Curtis organizará en xaneiro de 2018, no edificio de Usos Múltiples de Teixeiro (Curtis), un curso conducente a obtención do certificado de profesionalidade de 'Docencia para a formación profesional e o emprego', dirixido prioritariamente a persoas desempregadas menores de 30 anos.

Por que se debería realizar esta formación?

Existen profesionais de distintos sectores e ámbitos (perruqueiros/as, soldadores/as, carpinteiros/as, administrativos/as...) que adquiriron unha formación e/ou experiencia desenvolvendo o seu traballo. Estas persoas poderían transmitir os seus coñecementos e experiencias a futuros profesionais, pero na maioría dos casos descoñecen a función docente (metodoloxía e didáctica). Son profesionais, xeralmente, cun título FP ou universitario que mediante a acreditación dunha competencia docente poderían ser profesores acreditados na Formación Profesional para o Emprego.

Desta realidade xorde a necesidade de implementar unha formación que lles permita adquirir a competencia docente, tanto desde o punto de vista legal, pois así o esixe a lei, como desde o punto de vista competencial, pois así o esixe a metodoloxía europea das cualificacións.

  • Programación modular da acción formativa: Aquí

Para máis información contactar:

  • Servizo Orientación Laboral do Concello de Curtis. Telf.: 981789003 (Ext. 2037)

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.